lunes, 17 de junio de 2013

EXCURSIÓN A ALLARIZ ¡QUE BEN O PASAMOS!

O martes 13 de xuño fomos de excursión a Allariz. Saímos do colexio, agardamos o autobús, subimos e cantamos cancións.

No museo galego do xoguete vimos xoguetes feitos a man. En Allariz hai un señor que os donou para que estiveran no museo e puidéramos velos. Vimos os xoguetes. Eran preciosos e vimos cociniñas preciosas, ata había unha que funcionaba de verdade. Había dúas casiñas de bonecas. Tamén había moitas bonecas, incluso un circo tamén. Trens, coches e policías.


No parque xogamos e comimos xeados. Xogamos nos clumpios e nos columpiamos. Fixemos concurso de castelos de area e xogamos na caseta. Tamén había aneis cos que podíamos facer volteretas.


Os xardíns eran preciosos. Ao final había que votar o que máis nos gustou. Casi todos votamos o laberinto no que casi nos perdimos, pero ao final encontramos a saída, gustounos moito que no centro houbera espellos. O avó de Zeltia comprou amendoados que tiñan pan de anxo pan de anxo, para toda a excursión! Víñemolos comendo no autobús de volta para o cole.

Alejandra, Lucía, Noé. Zeltia

No hay comentarios:

Publicar un comentario