Cando chegamos ao cole o martes agardamos a que Celina fose a coller o botiquin e os cartos para pagar a excursión. Logo nos montamos no autobús e cantamos cancións. Ao chegar o primeiro que fomos a visitar foi o muíño do burato e vimos unha roda xirar, por debaixo había auga e pensei "Guau, que rápido vai a auga".
Visitamos o museo galego do xoguete e vimos un campo de futbolín de chicas moi antigo. Tamén había un submarino, arcos, bonecas, cociñas, unha casa de bonecas que se chamaba Villa Marisa, un cohe de fórmula 1 moi antigo. Vaia excursión estabamos vivindo!
Logo fomos ao parque e comimos alí. Había moitos nenos de Infantil dos Salesianos que tamén foran de excursión. Cando eles se foron xogamos un montón ao pilla pilla.
Pola tarde fomos aos xardíns. Había un que se chamababa Pensasoños. Tamén había un laberinto. Parecía que non íamos a atopar a saída! Pero por sorte saímos por onde entramos.
Vimos moitas esculturas e un xardín con abelliñas. Tamén xogamos nos parques que había alí. Finalmente subimos ao autobús e regresamos ao cole. Foi unha excursión que nunca olvidadaremos.
Anxo V., Miguel M., Uxía, Xiana
No hay comentarios:
Publicar un comentario