Disfraces na carpa de Frey Canedo |
Sábado de Entroido
Fun a Peroxa e xoguei cos meus primos e fomos ao parque, despois estiven cavando para poñer patacas. Logo estiven en Ferreirós. Esta noite Hugo veu a durmir a miña da casa.
Domingo de Entroido
Hoxe espertei con Hugo e despois xogamos á Wii, pola tarde fun a ver os disfraces á carpa de Frei Canedo, de volta para casa puxémonos coma pitos. Chovía moitísimo!
Luns de Entroido
Vou a Ferreirós a durmir. Agora estou facendo os deberes. Estou contento porque despois vou xogar á oca e ao parchís.
Martes de Entroido
Levanteime e xoguei á escoba. Fixemos churrasco, pero o chourizo cheirábame a pés. Viñeron os meus pais e cominos.
Mércores de Cinza
Levanteime e fun a ver os debuxos, tomei o almorzo e fun ao Centro Cívico, pero como estaba pechado chamei a Hugo por si podía vir a xogar, pudo vir e fomos ao parque a xogar.
Noé que bien lo pasaste en carnaval.¡Genial!.
ResponderEliminar