miércoles, 29 de mayo de 2013

A TERRA QUE ESQUECEU XIRAR

 Hoxe tivemos a oportunidade de ver aos nosos compañeiros Alex, Iria e Miguel actuando no Ponteatro 2013. A obra titulábase "A Terra esqueceu xirar". A historia tarataba dos problemas que tiñan os habitantes que quedaron na parte da Terra na que sempre era de día e as dificultades dos que quedaran na parte que sempre era de noite.
 Para solucionar o problema os habitantes de todo o planeta tíñanse que poñer de acordo e pegar un salto ao mesmo tempo.
Divertímonos moito e pasámolo moi ben. As nosas actrices e actores recibiron un caluroso aplauso, moitos bravos e, ao chegar á clase, toda nosa admiración.




No hay comentarios:

Publicar un comentario