lunes, 15 de octubre de 2012

A Escribideira 2


As escribideiras son aves, do tamaño dun gorrión, que viven nos humedais de toda Europa. Os seus oviños son moi especiais pois semella que están escritos e de aí lle ven o nome ao paxariño.
En España soamente quedan 400 parellas reprodutoras, polo que está en grave risco de extinción.

Para recordalas nace este blog que vai a ser coma un oviño de escribideira no que poidamos escribir moitos textos, moitas experiencias e co que ímos a xogar e a aprender divertíndonos.

 

 Esta escribideira 2 recen nacida ten unha irmá maior: A ESCRIBIDEIRA na que escribiron moitas cousas os vosos compañeiros de 3ºA e da que tamén podedes disfrutar moito.

E agora... a escribir!


No hay comentarios:

Publicar un comentario